PRESENTACIÓN
báñate no caldo de letras,
iescaldas letras,
bebe do noso caldo,
lecturas de cuncas,
dúas cuncas que miran máis aló
do que podes albiscar...
viaxa quente á profundidade do aquis e colle a velocidade do grelo,
a túa aventura xa comezou!

Chúzao
del.icio.us
Ola!!Eu tamen fun alumna do aquis celenis e paréceme unha brillante idea o de que alguén se decida a facer algo para fomentar o gusto pola lectura!!!E por crear un punto de encontro para todos aqueles que disfrutan lendo!!
Moita sorte compañeir@s!!!
Saudiños galegos!
Carmiña | 25-11-2007 - 17:25:37 GMT 1 #
Grazas,Carmiña, por ser a primeira que te das un chapuzón no noso mar de lectura. Aproveitamos para animarvos a deixar en remollo no noso blog opinións, sensacións, comentarios daquelas lecturas que máis vos encheran para que outros/as poidamos compartilas (tanto para alumnos/as, ex-alumnos/as, como calquera persoa se deixe caer nas nosas redes)
ANA, profe bañista | 05-12-2007 - 13:33:39 GMT 1 #
Ola a todos e todas @s bañistas. Velaí unha nova refrescante, o clube recibiu como auga de maio (regalo de reis) unha axuda económica sempre benvida para darlle un pulo as nosas inquedanzas de lectura. Guai!
pepe bañista | 09-01-2008 - 13:19:25 GMT 1 #
Ola amigos bañistas, pois eu paso por aquí para deixarvos a miña impresión sobre a miña primeira lectura.
O libro que lín foi Brooklin Follies de Paul Auster, un libro que recomendo.
Ao protagonista diagnostícanlle cancro de pulmón e decide ir morrer (como él di) a un lugar tranquilo, escolle Brooklin.
Alí rencontrarase co seu pasado, membros da familia que xa tiña esquecidos e problemas que lonxe de facerlle a vida tranquila complicanlla, tamén redescubrira o que é o amor por segunda vez e experimentará sensacións que pensou que a súa idade xa non era posible.
En definitiva, a min o libro encantoume e penso que a todos aqueles que se animen a lelo non os vai defraudar.
Un saúdo :)
nerea | 17-01-2008 - 18:40:18 GMT 1 #
Ola a tOd@s @s bañistas!! pois entrei no blog para comentarvos o libro que lin para o club de lectura..
O libro titúlase RUA CARBÓN e o autor é Marilar Aleixandre. O libro cOmeza contándonOs a vida dunha nena que acaba de cumprir Os 17 anos.. e nO cOmezo da sua historia xa nOs sorprenderá cunha noticia..cóntanlle a verdade sobre o seu seu pai o que cria morto nun accidente de tráfico , que resulta ser un etarra.. o longo da historia vense os distintos puntos de vistas da sociedade, por un lado os que loitan pola sua liberdade sen utilizala forza, e polo outro os que matan a persoas totalmente inocentes.
O libro pareceume moy bo.Dende o seu comezo pareceume moy interesante!! anímobos a todos os que bos guste ler que escollades este libro.
un saúdo!! ^^
Anaa :) | 17-01-2008 - 19:08:57 GMT 1 #
Ola bañistas. Para o clube de lectura eu lin "En el camino" de Jack Kerouak. Nel o autor narra as súas aventuras na carretera, facendo comparacións jazzísticas. Recoméndollo ás persoas con moito tempo e forza de vontade. ABURIÑO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Beltrán | 18-01-2008 - 13:26:55 GMT 1 #
Olaaaaa!!
Bueno pues el libro que leí yo se titula: "Palacio de la luna" y es de Paul Auster.
Me pareció un libro muy bueno que se centra principalmente en el aspecto psicológico de los personajes.
La evolución que tiene el protagonista a lo largo del libro es brillante y sorprendente.
El final no defrauda y es inesperado.
Recomiendo a cualqiera que lo lea.
Hasta prontooooooo!!!
Alba | 20-01-2008 - 19:36:53 GMT 1 #
Fai mil anos que debería ter pasado xa hahhaa... e eu vou falar do libro que lin como aparecía no papel o esquemiña
Libro: Tic- Tac, Suso de Toro.
Se fose…
…unha cor, sería marrón, nin claro nin escuro.
…un lugar, sería San Andrés de Teixido, aberta ó mundo pero pechada sobre si mesma.
…unha estación, sería outono.
…un sabor, sería acedo, nin doce nin amargo.
…un instrumento, sería un violín, de son enigmático e desgarrado.
…unha imaxe, un banco nun parque baldeiro.
Se puidese…
…ser unha personaxe do libro, sería o neniño da historia do mar, que me deixou o corazón encollido.
…poñerlle outro título sería “Dunha conversa con Nano”.
…cambiarlle a portada, poría o banco do parque.
…debuxar ilustracións, serían un garabato feito con carbonciño e difuminado.
Caldo de sensacións: realmente estiven condicionada á elección do libro polo autor. E non me arrepinto de telo collido. É un libro que tanto me fixo rir como me encolleu o corazón (repito que a historia do neno me fixo moitísimo dano). As versións das historias feitas por Nano, así como o seu invento do fío son do mellor do libro. Recoméndoo a quen estea disposto a lelo para reflexionar sobre o paso do tempo e a morriña de tempos mellores.
Un biquiño (:
Evy | 26-02-2008 - 20:09:35 GMT 1 #
Olaaaaa!
O libro que lin titúlase "Valdemuller"
se fose unha cor, sería... gris.
se fose unha cidade,un país,un lugar sería... O Xiabre.
se fose unha estación,sería...primavera.
se fose un sabor, sería...salgado.
se fose unha película,unha imaxen,unha foto,sería...a imaxen dun bosque.
se fose unha música, un instrumento,sería...un oboe.
se puidese ...
ser unha persoaxe do libro,sería...a protagonista.
poñerlle outro título,sería... _
cambiarlle a portada,poría... unhas mulleres nun bosque.
debuxar ilustracións,serían...en blanco e negro.
Caldo de sensacións:
Gustoume moitísimo este libro, volvería a lelo un monton de veces.Recomendoo para que a xente o lea, porque é unha mezcla de misterio e intriga que engancha a quén o lee dende o principio facendo que non poida deixar de ler.
un bico moi grande bañistas! :)
antiia_* (: | 28-02-2008 - 14:12:15 GMT 1 #
Ola amigos, que tal.Vou falar do último libro que lin.
Chamábase. A viaxe de Cora e o libro era de Meike Hinrich.
Se fose unha cor sería unha mezcla de cores moi vivos; un lugar sería, un amplo campo verde con moitas flores; unha estación, a primavera; un sabor, doce; unha música, bastante rápida.
Se puidese ser unha personaxe do libro sería, Cora; poñerlle outro título, As aventuras dunha rapaza rebelde; cambiarlle a portada, Cora acompañada dalgúns enaniños.
En resume este libro pareceume moi divertido, entretido, e ademáis é destes libros que comezas a leelos e non eres capaz de deixar de ler. Ademáis non custa moito leelo porque ten poucas páxinas, e ademáis é moi fácil de ler. Eu anímovos a leelo.
Cristina García Mella | 28-02-2008 - 14:26:50 GMT 1 #
Ola compañeir@s de poza. Collede ar para un novo chapuzón de letras achegadas á ribeira do noso club.
temos de tooo...! e moi bo! ummm!
O neno de pixama a raias, que é a última Moda galega entre os Emigrantes sabe que O humor non engorda... pero en Malas tierras pode transformarse en O Lobo-home nunha Primavera con una esquina rota...
Como ves trouxemos flotadores abondos para sobrevivir contracorrente
Pedro socorrista | 26-03-2008 - 13:29:13 GMT 1 #
Hola a tod@s! Alédome moito de saludarvos. Dende o Clube de Lectura de Tarde do Forum Metropolitano de A Coruña, apoiamos a vosa iniciativa ao fundar un clube e por suposto, tamén da edición desta bitácora. Estaremos encantados de compartir as nosas opinións facendo uso das ferramentas web. Podedes atoparnos en http://clubforumtarde.blogsome.com. Sorte e ánimos para todos.
Reme | 25-04-2008 - 11:56:19 GMT 1 #
nos encanto esa excursion a la biblioteca forum de coruña
club de lectura forever
car car y sa y cleo
las car | 30-04-2008 - 11:23:58 GMT 1 #
ola somos do club de lectura e na excursion a Coruña pasamolo moi ben
bicos ^_^
club de lectura | 30-04-2008 - 11:25:23 GMT 1 #
olaaaa!encántame parteicipar en moitos obradoiros de lectura.Porque pásase o tempo e moi ben .
carmen
carmen | 30-04-2008 - 11:27:53 GMT 1 #
say car bikinistas ns encanta la pasta, el marisco y todo lo semejamte de lujo claro
bueno y solo os keria decir si puedo meter a mi perry sa en el club de lectura del insti
las car y sa | 30-04-2008 - 11:30:00 GMT 1 #
ola bañistas!eu lin Valdemuller, e a verdade encantoume xa que o libro é moi interesante e ten moita variedade, refirome a que hai momentos de misterio, de aventura,de risa de todo. Eu animovos a leelo porque o ides pasar moi ben lendo.
Moitos bikiños queridos bañistas
alby | 30-04-2008 - 11:32:53 GMT 1 #
Pois o libro que lin da última vez foi "Un mundo feliz" de Adouls Huxley e teño que dicir que me pareceu moi interesante e a vez inquietante. Desde logo recomendo a súa lectura porque penso que non deixa a ninguén indeferente.
Se fose unha cor sería...gris
Se fose un lugar...sería unha gran cidade coma Nueva York tal vez
Se fose unha estación sería...outono
Se fose un sabor sería...amargo
Se fose unha película, imaxe... sería a imaxe dunha fábrica
Se fose un instrumento... sería un órgano, tétrico
se puidese ser un personaxe do libro sería... o salvaxe, o único que pensa por si mesmo
se lle puides cambiar o título sería "Fábrica de sentimentos"
se puidese cambiar a portada sería a imaxe duns robots
se lle puidese poñer ilustracións no llas poría
AlBa | 30-04-2008 - 11:33:59 GMT 1 #
ola queria comentar o libro que estou lendo.vai dun adolescente que e hipocondríaco.ainda non o acabei de lelo pero ten boa pinta
carmen | 30-04-2008 - 11:36:01 GMT 1 #
Ale, 1º comentario meu deixado no blog ^^"
pois que contar, que estamos a pasar o tempo e a aprender, que pa iso viñemos, na biblioteca da coruña.
Que decir de esta excursión, que esta sendo moi entretida e estamos aprendendo mais sobre esta biblioteca.
E como non, nos portandonos ben, todo o tempo caladiños, sen falar e sen comentarios, e non decindo nada por donde estan alguns comics ou cds.... sobretodo as de 1ºB de bachiller, nos somos as que mellor nos portamos. Non falamos, non decimos cousas que non veñen o conto e somos un exemplo para os outros XD
Ale, estan a falar dos frikis do comix, e atendese claro esta
Pois sen mais que decir, polo menos hasta que teña ganas de soltar outra parvada como Nesta :p
non afoguedes!!
e coidado coas parabolicas nesta excursion por se acaso hai algunha perdida por ahi :p
adeus
antia | 30-04-2008 - 11:36:56 GMT 1 #
Ah!Un comentario para Ana, a profe de galego, que non se preocupe por min aínda que collese o libro "Cuspirei nas vosas tumbas" prométolle que vou a estar ben, e que teño a cabeza o bastante ben posta sobre os hombros como para que non me afecte!!! :) JEJEJEJE
AlBa | 30-04-2008 - 11:37:26 GMT 1 #
Bañistas que tal bos vai!espero que ben , escribo este mensaxe para que a xente que no esta no club que se anime porque e moi divertido. ata logo bañistas, que o pasedes ben
albyta | 30-04-2008 - 11:41:32 GMT 1 #
ola
queria comentar un libro q no es dl club d lectura pro que sta muy bn.Se titula GRIMPOW y lo escribio Rafael Abalos.Es muy entretenido.Va de de caballeros de la edad media y engancha muy facilmente.
os lo recomiendo prq ESTA GENIAL!!!!!!
ANTIA:)
antia!! | 02-06-2008 - 12:34:13 GMT 1 #
Quixera darvos un saùdo para desexar longa vida a este club de xente interesante que segue a considerar os libros fonteS de saber e lecer. loiS
lois | 15-07-2008 - 16:03:52 GMT 1 #